18 febreiro 2009

Discurso

Queridos cidadáns, queridas cidadás:

As eleccións do próximo dia 1 de marzo son de unha transcedental importáncia. En elas non se decidirá únicamente ao próximo presidente da Xunta, non se elixirá únicamente aos próximos compoñentes do Parlamento Galego. Non, amigos , non. O que está en xogo é algo muito mais importante. ¡O que nos xogamos o dia 1 de marzo é a validación de un proxecto de futuro, un proxecto que situe aos galegos na senda dos logros mais importantes do século 21, un proxecto integrador, que asuma posicións importantes nas nosas opcións de desenvolvemento, e que contribúa á correcta determinación das opcións básicas para o éxito das xeracións vindeiras. Ou polo contrário, un proxecto caduco, sen ideas, impreciso e indefinido que non contribuirá a sacarnos da crise na que vivimos!

Quenes pretendan conducir o momento actual pola senda da improvisación sen poñer as bases para unha correcta consolidación das estructuras, perxudicando así a percepción da importancia coiunturalmente implícita nos conceitos de participación e integración social, non poden ter o apoio do pobo galego. ¡Os galegos e as galegas saben que o que realmente precisan e alguén que execute con man firme unha política baseada en principios sólidos que nos proxecte no mundo e que non nos aille del, unha política para os cidadáns e non para as institucións, unha política que asegure uns servizos públicos de calidade, con unha educación normalizada, con unha sanidade efectiva e con un aproveitamento dos recursos do presente que non comprometan os recursos de futuro.!

Por que amigos, chegados a este punto, todo o mundo é xá consciente de que non é o mesmo a ósmose da praxe, que a intelequia reciclada do guarismo inapetente, e polo tanto non nos podemos dar por satisfeitos .

Muitas grazas.
Agora colha-se o discurso anterior, ponha-se na boca de qualquer candidato, e comprove-se se resulta dissonante.

De Sombras de Encelado

1 comentario:

pau dixo...

plas plas plas plas! (outra vez)
Voto nulo, nom há dúvidas...
Sobre todo por isso do guarismo inapetente.. claro!
plas plas plas...