06 marzo 2009

Im-Pulso cerrado

Um dos meus blogues de referéncia, Im-Pulso, vem de cerrar por causa de um ataque informático que modificou alguns dos contidos da bitácora. Espero que Félix Soria a resucite pronto, nom venhem tempos nos que se poida prescindir das suas opinións.

Na blogosfera abondam os canallas que tiram a pedra e escondem a mao, pero tirar a pedra e ponher a mao de outro nom tem nome.

Suponho que quem o fixo terá umha vida mui triste e vazia e se sentirá orgulhoso de ter feito isto. Pois que lhe aproveite, home.... que lhe aproveite.

Actualización:
Estamos de noraboa: Félix abriu outra vez.

1 comentario:

Im-Pulso dixo...

Grazas polas túas palabras. Teño a confianza de voltar, pero teño que revisar os textos, non sexa que atope máis sorpresas. Unha aperta.